Viagens e regressos

Gústame viaxar. E gústame regresar. Chegar a un sitio onde te agardan, que te vaian recoller á estación, buscar entre a xente esa cara e ese sorriso, co latexar máis forte do corazón (non controlarei nunca, tampouco quero, os nervios do encontro) e a alegría de facer viaxes con regreso.

4 thoughts on “Viagens e regressos

  1. A vida, a fin, é un continuo retorno. Imos e vimos, uns por vieiros trillados, outros descubrindo novos camiños pero, ó final deles, sempre tornamos ó país de nós, é dicir, á infancia.

  2. Si, creo que no viaxar sempre hai un ir continuo, inda que haxa retorno, malia que cando volvemos sempre volvemos un algo diferentes. É coma unha espiral: retornamos, pero non creo que retornemos ao mesmo punto exacto, porque sempre vimos con algo novo, máis completos, máis elaborados, máis nós. O nós que nace na infancia e que imos (re)construíndo nas viaxes da vida.

  3. E bonito como o decides, máis hai viaxes e viaxes… paréceme que algunhas das viaxes que facemos nos aportan moi pouco, porque en realidade e coma se non sairamos da casa, imos cargadas/os non só coa equipaxe da roupa e obxetos persoais, se non que levamos con nós todo o noso bagage emocional, incapaces de cambiar de mirada e pasando todo polo mesmo filtro de patróns coñecidos, impermeables a calquera aprendizaxe.

    No que dís da volta, sí que é verdade o gusto que da chegar á casiña, mesmo ainda que non haxa ninguén na estación, mesmo nin que non estea na casa o gato; xa sabes o da velliña aquela: si, señor cura, no ceo estarase ben, pero coma na casiña de un…”
    máis algun nó teño sentido ó chegar de volta á miña cidade e que fosen só os lugares quén me recibían… xa se sabe, traballar, traballar, traballar, citas, horarios… e non hai tempo moitas veces para os abrazos de benvida máis ca dilatados no tempo

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s