Présas

Hai présa, moita présa. Présas de fin de curso. Présas de quen non fixo o que tiña que facer cando o tiña que facer. E veñen os choros e os lamentos a destempo. E a desmemoria, a memoria edulcorada ou a memoria reconstruída ou a memoria seleccionada.

E non falo só dos alumnos, que tamén. Falo tamén deste momento político e económico, con tanta mentira e desinformación (baseada na sobreinformación, xaora, pura habilidade mediática). Dannos circo e pouco pan, e dan vergoña ao escoitarmos o discurso destes políticos monicreques manexados polo capital que realmente manda.

Eu inda manteño as esperanzas… Inda parece haber xente que merece a pena, políticos que din verdades coma puños, que non van ter oco na prensa, xaora, que importa máis o “hoteliño” sudafricano da selección patria que a venda de armamento a Grecia por parte dos “grandes” países europeos. Si. Así mesmiño. E as felices coincidencias: botámoslle ao vulgo a reforma laboral o mesmo día que a selección “nacional” se estrea no mundial (, non, se é que nos queren facer menos dolorosa a caída, claro.

Poño aquí hoxe a intervención de Daniel Cohn-Bendit, dos Verdes, no Parlamento Europeo hai cousa dun mes. Non ten perda ningunha, e contra o final está o mellor. Entre os que escoitan hai moito miserable sen vergoña, que seriedade e atención lle presta Diego López Garrido, que era tan de esquerdas que pasou de IU ao PSOE…

One thought on “Présas

  1. Nótase no blogomillo a chegada da fin de curso.
    O discurso fala da verdade sen enmascarala pero non sempre vai a verdade do lado do poder.
    En fin; non perdamos a esperanza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s