Cidade de soños

Foi un domingo de abril. Vigo convertíase nunha cidade de soños. Nun proxecto de integrar arte e cidade, cidadáns e cidadás deixaron as súas pegadas de fume para formar cos seus azulexos un grande mural cívico que xa se pode ver no parque de Castrelos. O proxecto segue e a partir de mañá podemos ver os artistas na rúa. Xa máis entrados no verán virá a natureza con arte, exposición de escultura nos fermosísimos xardíns do pazo de Castrelos.

Sinto debilidade polos procesos creativos. Gústame a obra de arte ou de artesanía en si mesma, si, pero inda gozo máis se podo pasar á trastenda e ver como mans creadoras expresan sentimentos e ideas. A cidade de soños deunos pé a crear nós e dános pé a ser observadores privilexiados. Aproveita a oportunidade. Eu fareino.

Cidade de soños ten un vídeo promocional que me encanta. Esa mirada de cerca que ás veces me obsesiona. Aquí o deixo.

One thought on “Cidade de soños

  1. Gustanme moito estas fotos. O proxecto está claro que era realmente atractivo pero visto cos teus ollos e a través da túa cámara adquire máis relevancia.
    Enhoraboa.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s