Esconxuros

Polo si ou polo non paso outro San Xoán sen fogueira. Neste cuarto onde a paz trascorre cando as vías corren ben, os foguetes ecoan e o cheiro a lume novo achégase do outro lado da ventá, así que a memoria volve a Roás cabo do lume cos avós, ou a Castroverde onde os rapaces argallaban a festa e tanto gusta o lume novo que tamén se celebra o lume vello, ou ao Poio do ano pasado, na compaña da amiga que mañá entra en batalla.

Lugo arde en lume antes de que arda Lucus, e eu intentarei soñar coa nena que salta a cacharela, coa calor nos ollos alegres que fican hipnotizados polas chamas, cos aromas de sardiña e pan que alimentan algo máis ca o espírito. A festa máis pagá de todas as disfrazadas de cristiás, aquela que ben merecía ser día festivo, a miña festa preferida.

 

Inda que o camiño no que ando xa vaia trazado e pareza ir dereito non sobra facer esconxuros. Queimar os vellos atadallos e poñer uns novos. Hai tempo que quería cambiar un pouco a apariencia do meu blog, así que hoxe probo e a ver se non recúo. O fondo lémbrame aquelas pinturas das casas de Cuenca que tanto me gustaron, e permíteme poñer fotos algo máis grandes. En fin, lume novo para Ghalpon.

4 thoughts on “Esconxuros

  1. Asi que este ano quedaches sen cacharela, xa vin que o ano pasado disfrutaches da festa e que este ano tiveches un pouco de saudade dela, pero que che chegou a través dos arrecendos, e ata fixeches os teus esconxuros particulares. (Alédame que o camiño vaia dereito)

    A plantilla nova gústame tantísimo (tanto que estou pensando en copiarcha), claro que e que tampouco lembro agora exactamente como era a outra! Teño moitísima sorte coa miña falta de memoria, así disfruto da mesma cousa repetidamente 🙂
    -creo que de aí me vén a miña manía de escribir sobre o que me pasa, sobre do que sinto, sobre do que vexo… as fotos e as palabras fixan na miña memoria as experiencias que se non, moitas delas diluirianse no esquecemento e sería eu unha muller sen pasado (mais ben de pasados distorsionados enormemente)

  2. As lumaradas foron (coma sempre) brillos de fumes no ceo, con unha lúa clariña e chea de maxia e misterio, enchendo o paisaxe da esencia das peticións e crencias máis arraigadas e anti-clericais. Seguro que perdura na túa retina, cada noite de San Xoán vivida. SAúdo

  3. Grazas polos vosos esconxuros de San Xoán, fume de ideas e lume de gozo… Que alegría que vos guste a miña nova apariencia, mudar de pel, renovar forzas… Bicos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s