Sorrisos

Polos sorrisos terapéuticos, que coidan, que me coidaron. Polos directos, os telefónicos, os virtuais.

virtual

se un dia te atopo

de frente pola rua

e ves que comezo

a tremer

fai favor bótame un cable

escrébeme

un comentário

ou dime algo punto com

.

Poema recollido aquí. Beizón.

4 thoughts on “Sorrisos

  1. Como gusta cando os poemas de outros se fan nosos, e case case coma se nós tamén foramos outros.
    Espero que xa esteas moitísimo mellor; en calquera caso unha aperta e un sorriso deses terapéuticos (ainda que sexa virtual)

  2. Que ledícia!. É un pracer –ou, ás veces, unha dor– facer un poema. Mesmo chega a ser terapéutico para ún mesmo. Pero cando de verdade funciona é cando é útil para quen o lé. E faino seu. Bicazos.

    • Cando a literatura se fai propia, se goza como vivida, cando aquel ou aquela que escribe di o que ti dirías ou sentirías ou pensarías… que gozo enorme. Marra ofréceme iso máis veces do que el sabe, e inda teño outros “roubos”, recortes de vida e sentimento, que traer a este sitio Ghalpon. Inda non sei como e cando, pero virán. Bicos aos tres, moitas grazas pola terapia 😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s