Ligar

Chegou o verán e disque este é un bo tempo pra ligar. Non vou teorizar sobre isto, que outros saben moito máis, vou botar man de novo da literatura, da boa literatura.

 Entón supoño que lle ofrecín, como sería previsible en calquera película de baixo custo, duascentas opcións de tipo oral: café, menta poleo, te só ou con leite, licor café, whisky, macedonia de froitas (que fixera ó mediodía en pleno estado de alteración hormonal), viño tinto Rioxa, augardente de herbas, augardente branca… e non sei cantas porcalladas máis, a maioría das cales nin sequera existían no apartamento do meu Mecenas. ¿Sabedes que foi o que me pediu?: un vaso de auga. Un simple, purísimo e demoledor vaso de auga. Enxauguei o vaso debaixo da billa unhas duascentas veces.

Xosé Cid Cabido, Unha historia que non vou contar, Ed. Xerais, 2009. 

 E pra ligar, concertiño nocturno. Desta volta, imos ao youtube pra gozar cos Reyes del KO versionando La paloma. A ghosar!

3 thoughts on “Ligar

  1. Sí que pode ser demodeledor que cando queres crear un clima axeitado, co que axudaría algunha bebidiña, che pidan un vaso de auga! jajaja, pode sentar como se cho tiran pola cabeza!

    por exemplo con ese ritmiño que nos deixas, precisamente por ser unha versión quentiña ¡non se pide auga!

  2. Creo que comenzaches mal a idea de ligar de vran, tes que ler algo máis procuctivo en materia sexual e calores…que coa auga todo queda á deriva. E se tomamos un martini fresquiño???..Un bico

  3. Vou ter que reflexionar eu ben sobre estes mesteres do ligoteo, pra que non me pase como ao protagonista da novela, hehe. Maribel-bel, a idea do Martini paréceme estupenda, así que vou deixar o computador e ir facer o propio neste día caluroso. Bicos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s