Viaxar

Gústame moito viaxar. Inda que me poña algo nerviosa cos rituais previos, anque ás veces canse, anque ás veces non acaben ben… Hai viaxes inesperadas e outras moito tempo agardadas ou soñadas. Teño viaxado moito coa imaxinación, xaora, e despois de moitos anos co vicio da historia e da arte hai lugares que case me parecen coñecidos inda que nunca estiven neles. Esa era a sensación que tiña con Roma. Fun aló na primavera e fixen moitas fotos que case nin mirei. Estes días ando a voltas con elas, logo dun repouso preciso nunha viaxe intensa, coa que sentín máis de cerca lugares aprendidos, esculturas, pinturas, edificios, espazos que xa eran meus sen telos tido nunca diante. Volvín pra casa cos xeonllos e os pés cansos, pero máis canso viña o corazón e a cabeciña, cansos e contentos. Houbo que esperar un tempo para traer Roma a Ghalpon.

Non sabía moi ben por onde comezar, deime conta de que moitas fotos son sempre as mesmas, mais chamáronme a atención unhas fotos furtivas, que son as que máis me gustan, aquelas que lle fago á xente mentras fai fotos ou posan para que llelas fagan. Hoxe deixo esta. Boa viaxe.

3 thoughts on “Viaxar

  1. Debe ser dificil escoller unha foto entre ducias que todas che din algo.
    E como cambia en nós o que queda despois do repouso dunha viaxe, a cando chegamos coa axitación das emocións. Despois, co tempo, vanse os sedimentos encontrando o seu estrato.

    Esperarei por esa visión de Roma que se aparte, logho, un chisco de todas as outras que a diario se fan.
    (Non estiven nunca en roma)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s