A cara oculta da lúa

Estamos afeitos a ver as cousas dun lado, dunha cara, ás veces mantemos só unha perspectiva. Cando topamos ese obxecto, esa persoa, esa materia coa que soemos ter relación desde un habitual punto de vista se cadra tardamos tempo en recoñecela, e se cadra ábrese un coñecemento máis intenso, diferente, máis completo e global.

Roma, Museos Vaticanos. Coa boca aberta, o corazón preso e a cabeza abafada, a arte entra polos ollos (quen puidera tamén tocala!). Esculturas clásicas, miradas e miradas. Tres dimensións que por fin tamén o son para min, xa non dependo da fotografía, son eu e o obxecto, e podo rodealo. O Apoxiomeno de Lisipo segue a limparse dous mil e pico anos despois, e agora véxoo diferente. Que cu!, mirando este cu entendo moitas cousas…

Peaches & Herb, Shake your groove thing.

3 thoughts on “A cara oculta da lúa

  1. claro, sempre a miralo por diante…
    e o tamaño “real” ?
    non che aportou tamén unha emoción nova?

    Quedo coa gana de saber qué lograches entender mirando ese cu…

  2. O tamaño “real” causou moita emoción, Zeltia, hehe. Mirando ese cu entendo por que seica o emperador Tiberio o mandou poñer no seu cuarto (para o seu gozo ou para o gozo de quen o compartía con el?). E mirando ese cu penso na bisexualidade habitual entre (cando menos) certo sector social da Grecia clásica, que sentiría Lisipo ao sacar do frío mármore cousa tan quentiña?

  3. Pois non é por presumir pero, servidor, ten un cu igualito a ese
    Esplícome; quero decir que teño unha reproducción da mesma escultura e, por tanto, un cu igualito a ese.
    😉

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s