Aniñando en Castrelos

Fixemos o niño a destempo. Tiñamos bos mestres e as miñas mans colaboraron coas del e os seus pensamentos fixéronse materia. Niños de verán que durarán ata o outono, niños sen ovos, niños de soños.

Weather Report, Birdland.

Fernando Cano construíu dous niños para a exposición de escultura Natureza con Arte integrada no proxecto Cidade de Soños. Pódese ver ata finais de outubro nos fermosos xardíns históricos do pazo de Castrelos en Vigo. As mans que aparecen nas fotos son as miñas, esas fotos fíxoas el.

4 thoughts on “Aniñando en Castrelos

  1. Un niño facíame falta a min as veces!

    Saberás que non coñezo o parque de Castrelos. [incríbel]. A primeiros de Setembro estarei uns días polo Morrazo e igual é un bo momento para achegarme ata alí e ver esa peculiar exposición.

    [As túas mans habían parecer bolboretas entre os ramallos]

    • Xa fosen bolboretas, xa! Pois creo que é un bo plan para os teus días nas terras morracenses facer unha escapadiña polos xardins históricos de Castrelos. Entre as esculturas que atoparás están estes niños e moitas outras que a min me gustan moito, como a de Alvaro de la Vega.
      Lorena, aníñante esas mans, bonita.

  2. Coñecín a Fernando na infancia. Penso que daquela xa se lle daban ben os niños. Canto me gustan as cousas que fai!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s