Herba seca

Proemio
Entre o si e o non. Entre o recordo e o esquecemento. Pecho os ollos e viaxo moi atrás para lembrar a calor na pel, o sol intenso, o picor da herba seca, mol a cortada, ásperos os cañotos que quedaron trala sega. As que chegan coa auga fresca, a cervexa e a gaseosa de cóxegas no nariz. A Faísca detrás dos ratos.  O avó con sombreiro de palla, coroa de cabeza gris suave.
 
1º acto.
Teño os ollos pechados e sinto ruído. Entre o soño e a consciencia vai un tractor polo camiño. Trona. Abálase o mundo do amencer. Tronada de lóstrego que compite coa luz que abre o sol do verán. Que ben se está cando se está ben. As sabas arrólannos. Espértote. O cadro de Turner chamaba por ti e ti erguícheste salvar a herba seca da choiva. Os dunha casa, os da outra, xuntástesvos no mencer do traballo colectivo. E volvestes coa auga e o frío nos ósos e a herba seca gardada.
 
2º acto.
-Hoxe toca empacar a herba campía. É a preferida das vacas.
-Herba campía? Cal é esa?
-É a herba que houbo sempre. Non se bota. É suave e fina. Se te deitas nela comigo, acaríciate.
 
Epílogo
Desfago una paca de herba. Olor intenso e calor no centro. Estendo e boto unha manta por riba. O teito de libro e azul e nubes de día estupendo. E ti marcando a túa presenza coa túa melodía de metal e pedra.

aaaa

aaa

 

a
a