Francisco Castro, Chamádeme Simbad, Galaxia, 2009.
.
Chamádeme Simbad é un libro infantil que moitos adultos deberían ler. Conta as aventuras de Paulo (ou Simbad) a voltas con seu avó e a súa desmemoria (ou a escolla de recordos que lle produce o terrible mal de Alzhéimer), e seu pai -e o seu teléfono móbil, xaora- e súa nai -que pensa que desta vai tolear-. A historia de como un pequeno pode sufrir e sofre nunha casa onde hai problemas que veñen sós sen chamalos e problemas que parecen buscarse.
Se cadra a alguén que lea isto lle pareza boa convertelo en agasallo nestas datas de tanto consumo. Ogallá sexa consumo útil e gozoso. Ogallá vos guste.
Grazas pola proposta.
Un abrazo.
Moitísimas grazas por estas palabras sobre o meu libro. Moi agradecido.
Moitísimas grazas a ti, polo libro e por achegarte ata aquí.