Hoxe espertei cunha sensación estraña. Espertei sen soño na cabeza. Espertei sen ter soñado.
A miña cabeciña ten unha tendencia a traballar moito mentres o corpo descansa. Soño intensamente e cando esperto lembro case todo o que fixen nas miñas andanzas nocturnas. Pra ben e pra mal.
A cabesiña non para…
nin durmindo.
Poden ser moi intensas as sensacións ó espertar e a mín lévame un anaco ir saíndo desa atmósfera… pero curiosamente só cando os soños son malos.
Os bos, como moito, son extraños e divertidos e disípanse moito antes que a brétema mañanceira interna que cada mañá teño que escorrentar
Din que sempre soñamos. Que unhas veces lembramos o soño e outras non.
Eu, ás veces tento aferrarme a el, pero escápame. O ideal é ir espertando engordiño para que non fuxa coma cando nos sobresalta o despertador, ou o teléfono ou algún veciño.
Teño un caderno no que vou anotando os soños que recordo. E xa teño probado moitos sistemas para atrapalos. Vou durmir co cazabolboretas na mau. Digo eu que se atrapa lepidópteros, ben poderá atrapar os soños…
Así mo contaba a miña curmá:
http://untalmarra.wordpress.com/2007/07/08/epistolario-de-eugenia-nogueira-riomol_005/
http://untalmarra.wordpress.com/2008/01/28/epistolario-de-eugenia-nogueira-riomol_032/
Ás veces cando esperto levo cargado un feixe de experiencias e teño que pararme ben a pensar se o que teño na cabeciña son recordos de algo vivido ou de algo soñado. Se cadra estaría ben iso de apuntalos nun caderno, vou ver se probo: algunhas páxinas gardaríaas, outras serían bo combustible para a fogueira de San Xoán 😉
Hoxe voltei ás andadas: había mar, un paseo de madeira por riba da auga, xente que coñezo asumía novos papeis, faltábame o bolso, tiña que chamar pra cancelar as tarxetas, conversas e rebumbio… Mi madriña, como pra buscarlle un significado!
Bicos ensoñadores
P.D. Marra, un pracer ler a túa curmá, again. Pra soñar.
Ultimamente esperto cunha dor tremeda nas enxivas.
Paso a noite amargada porque me treme un ou varios dentes. Dun momento a outro pérdoos. Provócame unha angustia tal que me atormenta a idea de ter que saír así á rúa.
Ás veces hai unha saída e un respiro. Acougo ao saber que o dente perdido aínda é un dente de leite.
Eu tamén anoto os soños. Non dou gañado para dentaduras.
Os soños soños son..?
Cada vez me resulta máis difícil pensar que os soños soños son… Se vos conto o de hoxe… O que non soio é recuncar no soño, case sempre son diferentes. O dos dentes, Loreniña, sóname a iso que coñezo como bursismo e na wikipedia vén como bruxismo (moito me gusta este nome, bruxiña), rillar os dentes mentres un dorme porque se anda inquedo. Creo que tamén me ten pasado (unha máis ;-)). O que si é ben literaria a túa tradución soñadora dun feito en principio físico. Creo que vou comezar co caderno, xa puxen un na mesiña de noite. Prá túa dentadura habemos facer unha colecta, hehe, ti sigue soñando, pero soña bonito.
Pingback: un soño de merda « fálasme a min?