Mapoulas

Un capitán e o seu cabalo

Deixárono nun outeiro ao pé dun ciprés
cercado de espadas iracundas.
―Non teñas medo, díxenlle,
que nin de parte bianca nin de parte nera son.
As rosas vólvense para mirarme
porque canto os ventos de abril.
Douche do meu sangue o que precises.
―Eu quero, respondeume, sangue partidario
soberbio e quente.
Doblegóu sobre o peito a cabeza
e morréu. No Inferno está, posto polo Alighieri.
Cando morría, perto del estaba o seu cabalo
pastando nun prado de grilos e abubelas.
Nin se decatóu. Para sempre quedóu solto
polos campos, e nunca se lembróu daquela espora
tan dura, que o apugaba nas horas das batallas.
Foi pai en Toscana e morréu de vello
cunha bocada de herba na boca,
entre a que iban duas mapoulas.

Álvaro Cunqueiro en Herba aquí e acolá


2 thoughts on “Mapoulas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s