Mamá, papá, a avoa… ensináronnos a vestirnos, pero quen nos ensina a espirnos?
Hai unhas señoras moi señoradas que andan espíndose neste tempo, e saben facelo moito ben, no máis frío do inverno: as brancas abidueiras chaman polos nosos ollos co seu corpo lanzal, belido, branco como a neve.