9 thoughts on “A estación das palabras

  1. “O ser humano non posue liberdade. É prisioneiro non só das suas palabras senón tamén dos seus pensamentos. Cantas máis palabras expresa, maior é o erro de interpretación, maior o arrepentimento”.

    (Chikyuu Shojo Arjuna, capítulo 7)

  2. Paideleo, se os galegos agardamos polo AVE para que as nosas palabras viaxen… imos quedar mudos 😉 E se cadra as palabras que viaxen no AVE ían ser un pouco pijas, e VIP sería a raíña das palabras, cunha cohorte de “celeste, genial, marabilloso, deslocalización, shorts, desenvolvemento, viabilidade…”. Uffff, as miñas “estela (de leña), bosta, maciñeira, maniotas, argallada…” non sei se van quedar no andén. Tamén me parece a min que se está a perder o gusto polo vagar, e tanta premura ás veces fai saír palabras que non queres que saian. Co tempo que me leva ás veces escoller a palabra adecuada…
    Marra, menos mal que googleei o nome da autora da frase, toda unha sorpresa. A frase deume que pensar e tamén un certo arrepío: falar e arrepentirse, calar e arrepentirse… pensar e arrepentirse… Eu teño calado moito, sobre todo en certas discusións, logo intentei reorganizarme na cabeciña e dicir o que pensaba de maneira calma e meditada, pero ás veces daquela xa non estaba o interlocutor!
    Grazas polas vosas palabras, aí está máis unha vez, e non é pouco.

  3. Arjuna é unha serie de manga xaponesa. É “Arjuna, a rapaza da Terra” , Earth Girl Arjuna, tén un contido ecoloxista con filosofia oriental. Está moi ben, son 13 capítulos e pódese ver por aí, pola internet, buscando… A min gostoume.

    • Xa busquei e atopei, vin o comezo e tívome boa pinta, así que teño o plan de vela estes días que veñen. Xa che contarei. Bicos (ecolóxicos)

  4. Volvo coas palabras [xa sabes, hai días en que un esvara por riba delas, e as palabras son só “auga, pan, andar”; pero outras veces un precisa dicir “sinto” e entón complícase todo.
    Ben sei que canto máis unha persoa di, máis se malinterpreta o que di.
    Pero o que sempre, sempre se malinterpreta é o silencio. Porque o silencio fala, e o seu son e poderoso.
    Os silencios interpretados de forma negativa danan. Pero aínda non sei se danarán máis os que se asume que entendiches e o corazón baila.

    Deixemos que haxa segundos trens para as palabras qeu perderon o primeiro, non si?. Se só precisaramos decir “auga, pan, andar” non teriamos desenvolvido un vocabulario tan rico, tan cheo de matices; non precisariamos ESCULPIR unha idea.

    Apertiña.

  5. Si, hai palabras e palabras, algunhas ben máis duras de dicir… E ás veces cómpre adubiar as palabras con algún que outro silencio, pra deixalas en remollo, e cociñalas máis tarde. A interpretación dos silencios é algo que me ten atormentado… Creo que me teño arrepentido máis do que teño calado que do que teño dito. Algún día sairán as palabras precisas no momento preciso? É complexa a aprendizaxe.
    Eu intentarei coller o seguinte tren, sempre. O caso é que me queira aceptar o billete o revisor 😉
    Bicos
    E grazas polo de esculpir unha idea… dareille voltas a iso (tamén)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s