[na consulta do terceiro azul sorriso esquerda]
-Cando mo dixo reaccionei ben. Se hai que facelo, faise. Termei todo o que quedaba de tarde, coma nunha nube. Cando chegou a noite comecei a sentirme regular. Estaba mareada e tiña a pel hipersensible, sabes?… como cando vas ter gripe e a roupa che roza o corpo todo. Tiven que me deitar. Non podía máis.
-O que che pasou é que levaches o que se chama un susto.
-Ah… si, claro, un susto.
Low, Try to sleep, en directo.
A gravación de estudo no Siglo 21 de hoxe ou de onte.
A min xa me da susto o título.
A canción gustaríame oir a versión de estudio, mais non tiven paciencia para escoitar todo o programa.
[gustoume terceiro azul, sorriso esquerda]
O título foi o que me deu o susto a min tamén, si, pero xa pasou. Agora quedan uns fíos negros e uns días de descanso. No programa do día 3 non hai que agardar moito, creo que sae non primeiros dez minutos.
Ese terceiro azul sorriso esquerda é un lugar de moita paz e conforto… Bicos de sol lugués hoxe, Zeltia, co Miño aló abaixo.
sol tamén na coruña, 16ºC [e mais] nun anaquiño irei dar un paseo, respirar vida.
[alédame que xa che pasara o susto, e que eses fíos negros desaparezan nuns días e só queden xa fíos de cores cos que coser alegrías no corazón coma plumas de paxaros. Xa vin que hai un post con fíos de cores, alá vou ver] 🙂
Pingback: branco « fálasme a min?