Fíos de cores

Mamá, coséronme con fío negro!… Este é o recordo máis vello que teño dos fíos, un tremendo golpazo aló polos catro anos e un disgusto terrible pola cor que usaran os médicos na sutura. Quedoume a marca na fronte e a anécdota esa que se conta nas xuntanzas de familia. Coma onte. Desta volta tamén houbo fíos negros, así que recordei unhas fotos que fixen nunha desas mercerías que tanto me gustan.

Miña nai, miña avoa Rosa, miña avoa Damiana, Mela, Marujita de Leonor, Conchita, Xena, Uxía, Amparo, Leo… mulleres e fíos, las, ganchillos, agullas, máquinas de coser… as miñas referencias nese mundo máxico e creador de mans sabias.

Atopo un gozo especial nas mercerías que descubrín coa mamá e que agora tamén lle descubro eu a ela: a Aurelia, La Novedad, a de diante da igexa de Vilalba, Lis, La moda de París, a dos soportais da Rúa do Vilar, a daquela velliña despois do Derby… Mundos de fíos e cores. Mundos de proxectos.

Máquina de coser

9 thoughts on “Fíos de cores

  1. Comparto contigo esta fascinación polos fíos e as cores. Tanto é así que a miña casa parece unha mercería. Pena de non ter tempo para facer algo con eles.
    Un bico!

    • Pásame a min tamén, acumulo mil cousiñas e mil ideas, e o tempo… que dicir. Xa iremos facendo, non? Bicos!

  2. ah hahaha acabo de clicar na “máquina de coser” pensando que sería unha canción!,
    cantos anos sin escoitar ese son!
    a min non me gusta nada nada nadiña coser, nin os labores dese tipo. Ainda así fixen, pero por necesidade, e ás veces por pracer que todo se mestura cando unha anda buscando entre as mañas, a ver que sae.
    [non saiu costureira, pero ainda así podo comprender a maxia das mercerías, eses botóns de mil e unha forma e cores, as telas, as puntillas…]

  3. Pasei moitos momento de infancia xogando cos carros das cremalleras, con carretes de fío vacíos… e un pouquiño máis maior colocando o caixón da mesa de cortar os fíos por cores

  4. De toda a vida me gustaría ter un carrete de fío de cada cor, como nos expositores. Debe ser por eso polo que só teño un carrete de fío branco…

  5. e lápiceiros de cores alpino –como ulen– e botes de pintura, e caixas de acuarelas, e sobres con sementes de flores…

  6. De pequena baixaba ao segundo, á casa de Concha. Concha era costureira e facíame fermosos vestidos mentres miña nai lle axudaba a descoser os baixos dos pantalóns. Eu entretíñame cortando retais con aquelas tesoiras zig-zag e mirábame no espello para ver como lucían os dedais nos meus pequenos dedos das mans.

    Agora Concha xa non cose. Deixou a profesión debido a unha esclerose dexenerativa.

    Dela quédame un vestido branco con palmeiras rosas nunha foto do cole e, sobre todo, o son vivo da súa Singer.

  7. Cando viñen vivir para lugo, hai xa ben anos, a primeira noite que durmimos na planta baixa da casa da xanela malva e a cerdeira (http://acerdeira.wordpress.com/), no médio do primeiro sono fíxonos espertar un forte e contínuo traca-traca-traca-traca-traca no primeiro andar que nos levou a pensar nuns atléticos e incansábeis amantes. Antónia, a veciña de arriba, facia horas cosendo case toda a noite. Tardei tempo en me afacer a aquel son.
    Ainda hoxe hai noites nas que boto en falta aquela música. E máis cousas.

    • Volvo despois de moitos días, e vexo que tirastes ben polos fíos de cores da vosa memoria. Gústame moito. Creo que volverei de cando en cando á máquina de coser…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s