dixestión.com

Está sentada soa. Coloca as cousas do buffet. Come. Na man dereita o garfo, na esquerda o móbil. Chama. Tes os apuntes da materia? Come. É que non sei se os teño todos. Come. Vale, pois quedamos así. Come. Vai por outro prato. Ten fame, e o buffet é libre. Come. O móbil anda no facebook. Culler na man dereita, teclea coa esquerda. Come. Mensaxes. Sopa, pasta, arroz. Come mensaxes no facebook. Biscoito de mazá con mollo de bits. Paga a conta e vaise. Tarde de dixestión de palabras soas, metáfora de acidez estomacal… existencial.

 

4 thoughts on “dixestión.com

  1. Espero que chegue o momento no que levemos todo este tema das redes sociais integrado con máis naturalidade, porque un estilo de vida completamente virtual dáme algo de medo.

  2. é como cando o teléfono entrou a formar parte das nosas vidas: achegaba as noticias e as voces queridas. Por un lado. Pero por outro sustituíronse moitas xuntanzas, comidas, cafés, paseos por unha sinxela chamada telefónica.

    pasará o mesmo coas redes sociais?

  3. Ufff, a min o menú imponme algo, xa me quita a gana de comer antes de empezar… De novo a virtude estará a mesura, non? Hai tantas cousas difíciles de transmitir polas ondas, pero as ondas chegan tan lonxe…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s