Hai trinta anos que teño un irmau. Apenas lembro nada da miña vida sen el. Confianza forte pra ben e pra mal. Moitos recordos e agardo que moito futuro. Cada vez aprecio máis ese xugo que nos une.
Hoxe acordeime del especialmente. Porque si.
Un mesiño antes de nacer meu irmau xa andaba o noso querido Boss guerreando polos escenarios.
Badlands, no concerto de Montreal do 23 de xaneiro do 81.
E mira que eu non podo deixar de ver na palabra xugo connotacións que non me agradan… pero non, claro , non tén porque ser así.
Sinto certa envexa, porque aínda que teño irmán e irmás, sempre foron máis coma tíos e tías ou pode que algo mamás. Moitos a berrar en min 😉 (ás veces ser a pequena dos irmáns sí que é un “xugo”)
o protagonismo na foto, para tí, quen o leva? os nenos ou os calcentíns? 😛
As cores, diría eu.
Xeitoso post!
Fermosa metáfora.
ajajaja, Zeltia, a min o xugo recórdanme os “cangrexos” que habia nas estradas, coas flechas. Pásame tamén coa palabra patria, sempre me trae á cabeza o todo-por-la-patria.
É o que teñen as palabras….
Pois mirade que eu non reparei na palabriña… A min o xugo só me lembra as vacas e os bois, xunguidos para un traballo común, nunha dirección común. Unha forte aperta ou un camiñar co brazo do outro pasado por riba do ombreiro. E niso pensei, se cadra inda o escribín sen pensar. Para min o outro vai “xunguido” á palabra en castelán, o yugo xa me evoca outras cousas…
E a patria…. que dicir, aí mestúranse moitas referencias, esas das que fala Marra pero tamén outras máis positivas.
Un gozo falar das palabras con vós 😉
Ah! Estou dacordo no protagonismo das cores, e tamén dos risos e os sons, inda que estes quedan fóra da foto.
Ás veces a meu irmán tamén se lle escapa chamarme mamá… É que eu son un pouco roñona, xa se sabe, as irmás maiores somos algo mandaricas… 😉