A cita precisa, o momento preciso

LP Conversa 23-3-95 (2pm)

Leo e tomo nota do que me gusta especialmente. Reparo na anotación e penso naquel personaxe das películas do Oeste que tiña sempre consigo a cita presisa no momento preciso. Mateo 26/52: pois todos aqueles que empuñen a espada perecerán tamén coa espada.

Que ben debe sentar retrucar coas palabras xustas! A min, que se acaso se me acorda a resposta debida unha hora máis tarde, un mes, un ano.

Citarei a Lois Pereiro, outsider, foraxido do amor:

“Todos xuntos a un tempo fuxindo dos contactos. Practicamos unha ximnasia aséptica. Protexemos os nosos pobres seres como tesouros dos que só nós queremos ter a chave, e darlla a quen menos o merece, as máis das veces”

A cita de Mateo pódela escoitar na pelicula O rifle e a Biblia de Stuart Millar, dilla Katharine Hepburn a John Wayne nunha pasaxe que poder ver aquí, grazas a un tipo que sube ao youtube infinidade de secuencias de películas con referencias bíblicas.

3 thoughts on “A cita precisa, o momento preciso

  1. Estou de acordo con Lois, no de dar a chave.
    (e ¿por que foraxido do amor?)
    A imaxe do post que é? un debuxo pegado nunha parede? (entroume curiosidade)
    [e pode que non agoche ningún sentimento de dentro cara a fóra, que só se protexa do de fóra cara adentro…]

    viches canto tempo botamos nas estradas?, preguntei por aí, e moita xente ía pola autoestrada cando o rising moon do sábado

    Bicos, Ghalpon.

  2. Pois non sei por que o de foraxido, saíume así e agora fasme pensar sobre o que escribín 😉 Imaxínoo coma un personaxe solitario, á marxe de convencionalismos, por iso outsider, por iso foraxido, se cadra errei na preposición, se cadra no canto de foraxido do amor podería ser foraxido no amor, ou entre, ou para
    A imaxe é un graffiti, nunha maneira de facer que me gusta moito e que vin por vez primeira en Pontevedra, é un debuxo que se fai en papel e logo se cola á parede como un cartaz. Dentro pra fóra, fóra pra dentro… interesante.
    Será que conduciamos todos cara a lúa? O caso é que os nosos coches non comezaron a voar como as bicicletas de ET…

  3. Pingback: as citas que nunca chegan a tempo « fálasme a min?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s