O im-país I

E se fose, Ferros Herrero, chamaría así máis a atención? Veríase con normalidade?

Sobre a lingua vin hai pouco un novo documental, a Memoria da Lingua que recolleron as Candongas do Quirombo. Pra pensar. E pra facer.

*Ferros Ferreiro está en Lugo, no polígono do Ceao.

8 thoughts on “O im-país I

  1. Vin este documental hai pouco, podería estar eu aí falando, contando a miña historia de aldraxe na escola rural, tamén.

    O rótulo da empresa, non ten prezo. 😉

  2. Eu lémbroche, aínda que xa hai anos, os carteis das festas de Sanxenxo que dicían:
    GRANDES FIESTAS EN HONOR A SAN GINÉS EN SANJENJO.
    Tamén lle chegaba!

    Bicos

  3. Seguirei retratando cousas destas, ás veces pasamos polos sitios e case nin nos damos conta [tan anestesiados, tan apurados]. Acabo de ensinarlles a foto ós meus alumnos e un contounos que seu pai encargou a rotulación da furgoneta e puxéronlle “colocación de piedra”, tívolle que quitar o “i” el, ós da rotulación non lles debeu parecer moi profesional o de “pedra”…
    A todo isto, eu sempre lle chamei Ferros Ferreiro, creo que como boa parte da xente que merca ou ten mercado alí. Seguramente o galego sexa a lingua máis falada nesa empresa, por goleada, tanto polos empregados coma polos clientes. ¿?

    Bicos, bicos

  4. Lembro unha portada de A Nosa Terra, que era un deseño do Xosé Lois –o do Carrabouxo– Víase ao Rajoy, cando era vicepresidente da Xunta, e dicia:
    “Soy Rajoy, y vengo de Raxoi, de una junta de la Xunta”

  5. Sigue, Xandra; sigue retratando o impaís, que boa falta nos fai que alguén nolo poña diante, a ver se espertamos.

    Eu, por non retratar xa nin retrato “Susos” da miña multinacional, que un non vive tempos de ventos a favor para sentar ó teclado. Ata que un día me dea unha arroutada e rompa todo.

    • Lembro o chiste do Raxoi, Marra, e o nome del e de Feijoo (e dalgúns alumnos meus Teijeiro e cousas similares) téñenme dado pé nas miñas aulas a falar de como debemos pronunciar eses nomes: en galego non usamos o j, non? e ademais só no castelán se pronuncia desa maneira esa letra…, e ademais son palabras castelás esas? ou son galegas cunha grafía deturpada? Cústalles traballo entendelo (ademais que saberá unha profe de Historia sobre a lingua…), pero eu xa optei hai un tempo por pronuncialas á galega e pasar das caras raras…
      Suso, eu boto en falta a túa teipa fozando na toupeira… Inda así recollo o teu testigo (ou testemuño? ;-)) e seguirei na batalla das palabras e na resistencia da lingua. Chegarán tempos mellores, ou cando menos seguiremos soñando con eles

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s