Beloritas

De meu pai teño aprendido moitas palabras (e as que quedan…). Unha das que máis me gusta é belorita. Palabra alegre pra unha flor que anuncia a primavera.

Creo que ó Porthos tamén lle gustan as beloritas, e atopalas paseando polo noso prado.

10 thoughts on “Beloritas

  1. Dálle as grazas ao teu pai polas beloritas e por ter unha filla-artistasa-amigha coma ti!

    Co voso permiso gardo a palabra no peto da miña lingua.

  2. belorita. claaaaro, pero se a propia flor o dí: chámome belorita. E eu non o sabía. Moitas grazas por compartir a palabra. As palabras son das cousas máis lindas para compartir.

    A foto do gato [con esas poses e expresións tan interesantes que teñen os gatos] está chula. 🙂

  3. Contéstovos hoxe a todos nun día que sempre me emociona especialmente (emocións por veces contraditorias…). Alégrome moito de que unha palabra nos xunte (carai, isto parece sacado dun sermón! ;-)) Vamos, que me gusta falar de palabras e que a vós vos guste tamén.
    Por riba teño uns agasallos estupendos… Zeltia: moitísimas grazas pola foto, polo que vexo debe ser unha pereira de flor, unha pereira ornamental, bonitísima.
    Incógnito: gustoume moito pasear por Vigo contigo… ai, os mercadillos, que vicio pra min… Dálle moitos bicos da miña parte a esa persoa que coñezo e que quero tanto, e o mesmo pra ti.
    Marra, es o meu botánico de cabeceira, que ben! Si que é a bellis perennis (xa me aleccionou niso tamén o meu pater). Por certo xa me dirás se concordas comigo en que a árbore de Zeltia é unha pereira.
    Bicos pra todos, e viva a República!

  4. Pingback: Asegurándome de non perder » Blog Archive » maio 2013

  5. Pingback: Asegurándome de non perder » Blog Archive » abril 2013

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s