Guillerme IX de Aquitania, en galego da man de Darío Xohán Cabana
Na poesía occitana medieval chámaselle tempo novo á primavera. Que maneira tan bonita de lle chamar, e que ben reflicte todo o que é a primavera, ou o que moitos queremos que sexa.
Hoxe celebrarei o tempo novo (e a república, e outras cousas) na Coruña presentando o libro Os trobadores de Occitania, escolma e tradución de Darío Xohán Cabana dos versos medievais dunha xente que lle cantaba á primavera e sufría e gozaba o amor dun xeito tan similar a nós que ás veces case espanta.
Pois que sigamos celebrando moitos tempos novos e moitos catorces de abril.
Moitas obrigas me impiden estar nesa presentación, pero son un dos seareiros maiores desa magnífica obra á que nin sequera cómpre desexarlle éxito, porque é un éxito toda ela. Apertas para toda a familia!
Alex Ghalpon estaba alí diante, na presentación d’Os trobadores de Occitania, sentada nunha cadeira académica, fermosa e con medias floridas coma a primavera do seu tocaio Alessandro Boticelli, coma a República, coma os seus anos acabados de facer, pois ela tamén naceu, coma a República, un 14 de abril: no temps novèl dos trobadores. Co orgullo popular, coma a pastora de Marcabrú: tot mon linh e mon aire / vei revertir e retraire / al vezog et a l’araire; da xente do arado polo pai. E pola nai de xente do mar e do barco: per mei l’aiga de Ròzer cantan li remador. E seu pai e súa mai e seu irmán estaban contentos de vela alí, bela coma unha belorita. Beizón por seres así e por estares sempre.
versos medievais dunha xente que lle cantaba á primavera e sufría e gozaba o amor dun xeito tan similar a nós que ás veces case espanta. Creo que o espanto xurde… non de comprobar que sufrían e gozaban igual a nós, é algo que se desprende desa comprobación, outro pensamento que se cola, sutilmente.
Tempo novo gústame moito máis tamén a mín, sempre pensei que o ano debería empezar no equinoccio da primavera e non aí, como empeza, no medio de nada.
Como di un comentarista por aí arriba: que as celebracións non paren
[eu onte tamen tiven algo que celebrar -ese medo do que falamos, xa vai alá]
Pois eu agardarei aló para o xoves e pasar “o tempo novo” ao carón de xentes que quero. Magoa que, do camal, o tempo no quererá ser benigno para poder andar entre as beloritas das que falabas no outro día. Por onde andarás ti, galopina, seguro que lonxe delas. 🙂
Ando lonxe estes dias, nunha cidade fermosisima que ole a castinheiros de indias e lilos en flor… e a manteiga. Volverei à casa seguir gozando do tempo novo e sabéndovos a vos ai, debaixo do mesmo sol. Hoxe saudo especialmente a Zeltia pra darlle os meus parabéns (medos fora) e ao Dario, se eu son como son è porque ti e unha fermosa rapaza de area nos pès sodes como sodes (amor è a palabra que mais usaria pra falar de vos e pra falar de min con vos).
Non sei como se me despistou tan fermoso comentario que che deixou Darío e por riba coa información do teu cumpleanos, moitas primaveras máis para seres feliz che desexo!
[Aquí choveu todo o tempo, vaia sorte tí arrecender a manteiga e os castiñeiros]
Moitas grazas polos parabéns. Por lembrarte. Por entenderme. Si.
Non foi despiste, Zeltia, é que o comentario foi visible días despois de que el o deixara aquí, cousas da seguridade do blog para os comentaristas primeirizos… 😉
Moitas grazas polos teus parabéns e os teus bos desexos.
Bicos de arrecendo a herba cortada que botan de menos o mar