Resposta a un café con leite, por favor

Para Z.

Este mediodía sería pra acariñar o Porthos.

Pra conversar con meus pais.

Pra gozar do canto dos paxaros entre as follas luminosas da estreada primavera, as ras nos pichocos, as azaleas, o esterpe rosa, as peonías e as beloritas.

Pra abrir portas e ventás e que entre a calor na miña palleira.

Pero, entre a Guerra Civil e o Franquismo, decidín poñerlles o exame sobre a sombra escura daquel home odioso. E mentres eles súan e escreben, e outros máis novos xogan no patio, eu dilúome no aire limpo das túas palabras, que me saben inda mellor que o café con leite.

Pé de foto: No ir e vir da casa ó traballo, polo camiño quedaba un campo de soles.

P.D.: unha vez máis o que conta Zeltia deume pra contar a min…

3 thoughts on “Resposta a un café con leite, por favor

  1. Estou encantada. Paréceme que me envolve algo máxico cando se dan estas conexións. Estes momentos intuídos. Que limpo, que nítido, que espido. [Nos mundos que soñamos espellos da nosa cerna non existen néboas -os prexuicios, as decepcións que a diario padecemos-]

  2. Sigamos soñando eses mundos, que ás veces soñaremos xuntas, Zeltia, seguro. Si que é máxico que pasen estas cousas, que nos salvan dos días grises e despexan os sorrisos.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s