Moderneces

No século XXI podes ser moderno nun curso acelerado por internet […]

Piedade Cabo en A palabra exacta. Biografía de Lois Pereiro de Antón Lopo na editorial Galaxia, 2011.

Pensei xente horas e horas diante da pantalla do computador. Pensei no libro aquel que hai que ler pra saber falar dos libros que non lemos pero que queda ben ter lido. Pensei no rapaz aquel que colle unha molladura de anuncio pra averiguar no ordenador quen é o dichoso director que lle mola á rapaza que a el lle mola. Pensei no pouco tempo que teño pra facer canto teño que facer. Canto quero facer. E pensei que non teño internet.

A biografía de Pereiro que fixo Lopo gustoume moito, moito. Lina nunha noite de insomnio xa vai pra dous meses, inda non falara dela aquí.

A cita segue: […] pero no franquismo, na afogante ditadura que aburría ata os nosos avós fascistas, a información resultaba un ben escaso e poucas veces atopabas xente cun punto de vista propio. Só había un rapaz en COU que tiña o disco de Robert Fripp con Brian Eno e ese rapaz era Luís.

Hoxe imos escoitar música con Luís, Fripp e Eno. Algo cañero con Baby’s on fire e un pouco de relax con Evening Star.


8 thoughts on “Moderneces

  1. Quixen ser a primeira a quen lle gustase este post, pero tiña que rexistrarme, cousas da modernidade. Pero confórmome con dicilo así por escrito, normal: gústame este post 🙂

  2. Hoxe botei un tempo mirando cara a un escaparate dunha libraría. Non moderna, das de sempre, das de antes. Ansiaba ver ese libro de Lopo pero non o atopei entre os libros dedicados a Lois Pereiro.

    O ano pasado enganchoume tantísimo a biografía que fixo de Novoneyra…

    Mañá mércoo sen falla!

    Casualidades que hoxe falases del Ghalpon, casualidades e telepatías.

  3. Moucheira, eu tamén che vou dicir, así, normal, gústasme.
    Lorena, onte tiven xa dúas telepatías con amigas… será que levamos DEMASIADO tempo ser vernos? Xa contarás se che gusta o libro, non desvelo nada, que senón…

  4. Eló Lopo adícase a escribir biografías dos homenaxeados no día das letras galegas? 🙂
    Hoxe é o segundo libro que recomenda alguén que disfrutou con el unha noite de insomnio… xa esqueciín o nome do outro. Isto sí que non o arregla ter internet! O contrario, tanta información metida rápidamente neste pobre cerebriño… que cae como a chuvia sobre un impermebable.

    Escoitei agora a música que nos deixaches, que tamén escoitaba Lois… Levo uns días curioseando nas referencias que saen nos seus libros: ábrese todo un universo. Como dis ti, “pouco tempo que teño pra facer canto teño que facer. Canto quero facer. ”

    Moitas grazas por compartir! é lindo compartir

  5. Pois parece que Lopo se vai especializando nesas tarefas ;-). Como lle vai saíndo ben a cousa, por min que siga! Iso si, agradézolle que non esqueza o seu labor de narrador, despois daquela Ganga que tanto me gustara, agora teño na mesiña de noite Obediencia, que espera a que eu acabe coa literatura que me ofrecen os meus alumnos nos seus exames…
    Sinto unha conexión especial ó escoitar a música que escoitaba Lois, e se pensamos en cantos se cadra á vez, se cadra polas noites ou nun anaco de tempo roubado ó traballo entramos no universo Pereiro e naufragamos uns minutos no escuro paraíso?
    Sigamos compartindo, é lindo, lindo

    • snif! a miña lista de recomendados recomendables é cada vez máis longa… e diante vanse colando aqueles que me secuestran a vontade polaa urxencia e a inmediatez da curiosidade irrefrenable.

  6. Déixate secuestrar por iso, Zeltia, soa ben a curiosidade irrefrenable, o pracer da curiosidade que che dea pracer inmediato e urxente! Amén 😉

  7. Hai tantos libros que ler, tanta música que escoitar, tantas películas que ver… E sobre todo tanta xente coa que queremos compartir… E somos tan pequeniñas…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s