Camiñar pola espiral… ou como os teus ollos crean novas obras de arte

Cando afondas na obra que tes diante

e buscas o teu reflexo nela… ela afonda en ti, ti nela… e no resultado de cada mirada hai unha nova historia, unha nova obra

ves o espello que es

o baleiro que fuches

[e tamén o baleiro do que foxes]

o complexo do que has ser

as feridas que se abrirán, que che curarán, que marcarán a túa pel

e lembras o gozoso que é deixarte levar pola curiosidade e que o teu corpo sinta

Brian Eno, 1/1

P.D. As fotos fíxenas na visita á exposición de Anna Maria Maiolino no CGAC, case todas estractan e adulteran na cor [e na inclusión dunha outra realidade reflectida] algunhas das obras que vimos. Son o que eu vin do que ela viu e amosou. As rapazas e rapaces que teñen medo de pisar os ovos, precaución de vivir, son os meus alumnos de Historia da Arte. Para eles escribo, en especial, este post.

3 thoughts on “Camiñar pola espiral… ou como os teus ollos crean novas obras de arte

  1. Qué sorte teñen os teus alumnos de contaren con unha profe coma tí. Pois eu tamén che quero facer un agasallo, como andas pouco por aqui, deixoche este enlace para cando teñas saudades desta cidade ou, cando menos, deste parque.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s