Regreso á paixón dun once de maio, e lembro pel conversa luz aroma
palabra por palabra
almorzo de pan con soño de futuro.
.
E sei que han pasar os anos
[se cadra pasan corenta e seis, se aló chego]
e sei que aquel once de maio seguirá almorzando comigo.
IV
(Breve encontro)
………………………………………………………..Sobrevoabas un día o meu espacio aéreo
………………………………………………………..rozándome coas plumas levemente
………………………………………………………..e desaparecías cun rumor minguante
………………………………………………………..como a visión dun soño
………………………………………………………..fracasado.*
Xuño, 95.
Lois Pereiro, Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995
*Eu resístome a crer nos soños fracasados
Onte escoitei recitar, entre outros, eses versos que tí citas. [Pensei no roce lene dunha vida noutra. E no rumor que vai minguando…] Eu sí creo que hai soños fracasados.
É grande compartir a Pereiro. Hai un pouquiño deixei eu tamén noutro blog estas palabras da “Conversa…” que fago absolutamente miñas:
Estou aberto a todos, como un bar “afterhours”.
Vivirei sen medos. Acepto todo o que me ofrecen; son un ser en exposición na tenda das vivencias.
É estraña a flor da paixón… [máis extraña aínda cos efectos do B/N]
Sei que existen os soños fracasados, pero non me gusta crer neles, resístome a facelo, non quero unir crer + fracaso 😉 Tamén fago miñas esa palabras que citas de Pereiro, pero sei que inda non conseguín facelo, vivir sen medos, é unha meta inda non acadada.