Marchei sen ter falado de Lois Pereiro

Regaleille poesía. Nunca fixera tal, mais a el regaleille poesía. El lía ó deitármonos. Aquel libro quedou riba daquela mesa de cristal tempo e tempo. Cando llo ensinara el fora ó andel buscar o seu exemplar. Aquel xa o tiña. Nunca falamos de Lois Pereiro. Amor e enfermidade. Nunca me leu Lois Pereiro. Naquel espazo de gozo e dor, de amor intenso, eu deitada no chan, o libro deitado na mesa… os dous a esperar.

A min tamén me gusta Lois Pereiro. A min tamén me escorre a dor entre as pausas, as comas, os puntos dos seus versos. As miñas palabras de dor que latexan no meu peito ó ler as súas palabras de dor. Dor entrelazada. De quen é e de quen foi. Eu tamén amo Lois Pereiro.

Así foi o comezo da miña historia con Lois Pereiro. E hoxe quero celebrar aquel comezo, recordar co sorriso da peneira do tempo cada instante vivido desde entón, cada momento vivido naquel espazo compartido, agradecida por todo.

(Viaxes, viaxes: pesan, pesan. A vida pesa, o mundo pesa; pero o meu lombo ha ser coma o de Atlante).

Apártate da euforia. Sé elegante niso. Deixa que o tempo envelleza as túas sensacións, coma o bo viño, e afonde no que amas, e naqueles ós que agora ti debes axudar: é o teu turno.

L.P. Conversa, 16-4-95.

Un Lied de Mahler sería a banda sonora:
Nun will die Sonn’ so hell aufgeht
na voz de Christa Ludwig
…Por exemplo.
(Tratamento para namorados, cando
<<a vida anoitece en cada óso>>, por exemplo.
Pero teño motivos, movementos, xestos,
para sentirme feliz e satisfeito; e tamén
para estampar o coche contra todo o que
perdín no camiño de regreso.)

L.P. Poesía última… previo a XVI (Análise hemática do amor).

Mahler, o lied da Terra, na voz de Christa Ludwig.

5 thoughts on “Marchei sen ter falado de Lois Pereiro

  1. Eli, que ti me louves a escolla musical non me parece pataca minuta! Grazas
    Zeltia, que vas envexar, muller! [e non sei moi ben por onde tomalo…] 😉

    • Seguro que por calquera lado que o tomaras, acertarías…
      Mais… esa teta! [por certo, que o corazón latexa debaixo do peito esquerdo…] 😀
      Unha aperta grande, Alex Ghalpon.

  2. É que eu por peito entendo toda a caixa torácica, ó outro eu chámolle teta talmente… Tamén podería dicir que moitas cousas latexan por todo o corpo… Hehehe… O caso é botarlle literatura á túa certeira observación, a min tamén me latexa o corazón debaixo da teta esquerda! 😀

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s