A margarida
Rosaura quería saber se Miguel a amaba. Tomou unha margarida e foille arrincando os pétalos mentres dicía:
-Quéreme… Non me quere… Quéreme… Non me quere…
Rosaura estaba ansiosa por ver se saía «quéreme» ou se saía «non me quere».
E o caso é que saíu «non o sei», porque a margarida non tiña nin idea de se Miguel amaba a Rosaura.
Pinto & Chinto, Contos para nenos que dormen deseguida, Kalandraka, 2010.
P.D. Teño este libro gardado pra un homiño que quero moito. Trae moitos contos, pero zampeino en dúas noites… porque eu non adormezo tan deseguida.
Como a min tamén me leva unha miga adormecerme, moitas grazas por manterme entretido 😀
Haberá máis entregas, entón. Bicos con sono