Palabras chaman palabras

Palabras pra cantar. Palabras pra rir. Palabras pra chorar. Palabras pra vivir. Parabras pra berrar. Palabras pra morrer.

Envólvennos en sílabas e voces desde o instante mesmo en que nacemos e , a través dos días e os días, os oídos énchense de palabras, palabras e palabras.

José Antonio Labordeta, Palabras [traducido]

Na intervención que sobre a lingua de Lois Pereiro fixo Antón Santamarina na sesión aberta da RAG celebrada o 17 de maio en Monforte de Lemos, iluminounos, entre outras cousas, cunha recolleita “aséptica”, de laboratorio informático, das palabras máis usadas por Pereiro. As doce primeiras, por orde decrecente, son as que seguen e, como ben dixo Santamarina, “case elas soas fan a [súa] autobiografía”:

Vida
Morte
Noite
Corpo
Ollos
Día
Tempo
Sombra
Luz
Terra
Amor
Forza

 

Pé de foto: no acto, un pequeno da estirpe de Pereiro, creo que seu sobriño, debuxaba e debuxaba alleo ás palabras que se dicían sobre seu parente. A min fíxome rir entre tanta emoción. Emoción, entre outras cousas, por ver o parecido que ten co Lois cando era pequeno.

2 thoughts on “Palabras chaman palabras

  1. O rapaz chámase Lois Pereiro Romero. Efectivamente é o sobriño de Lois, posúe parte dos seus xenes. Eis o Lois Pereiro XXI.
    Parabéns polo fermoso blog. Que envexa de fotografías.

    • Este Lois do século XXI apunta boas maneiras… Os teus parabéns confórtanme e póñenme colorada. Moitas grazas, querido Brétemas

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s