Pensei que fora o caracol (só vai lento quen vai máis de vagar que aquelo que desexa…), pero dixéronme que era unha alimacha (que feíña) que prefiro chamar polo dezao milighocha.
Saíu de cabo da palleira e pra dar chegado á casa comezou un camiño irregular, in-ter-mi-ten-te, no medio quen sabe que pensou, volta pra atrás, volta pra diante. Houbo chegar cansa ó final. A liña recta case nunca é o camiño.
O sol, a auga, a luz deixáronme ver o camiño da milighocha. Camiño visguento que a min me pareceu de prata.
As lermias ( versión arbense ) sempre fan camiños de prata.
“lermes” en Laro, onde o (meu) mundo empeza.
Moito leva vagado o Edelmiro internamente sen matinar nas similitudes co movemento da alimacha. E aceptounas.
Máis palabras pró meu peto, máis camiños que seguir…
Canto tempo, señor Edelmiro, como lle vai a vida?
Os decesos de Leonora Carrington e de Huguette Clark renovaron o desexo de vivir do Edelmiro. Segue vagando polo seu mundo.
Que certos decesos dean ansias ó Edelmiro é algo que nos dá esperanzas. Que siga vagando e que veña por aquí de cando en cando.