A morte dun ídolo

Non sei como era de verdade, desa verdade que comparten con nós a nosa parella, a nosa familia, os nosos amigos. Non sei como era Clarence Clemons pero si sei o que significaba pra min. A súa figura enorme, o seu poderoso son, voz, saxo, a súa presenza que, nas dúas ocasións que o vin en directo, me poñía a carne de galiña e aquela cousa no estómago. Pura ilusión. A de escoitalo a el, o Big Man, e ó meu -e seu- querido xefe, Bruce Springsteen.

Hoxe morreu o negrazo do saxo da E Street Band, e eu lembro máis de media vida escoitando a súa música. Remexo nas imaxes e saco unha que vén ó caso. Fermosura de muller negra, mirando adiante, mirada altiva. Graffiti de Betanzos que uso pra despedir ó que só seguirá sendo nos nosos recordos, nos vellos discos, nas vellas gravacións.

Bruce Springsteen e Clarence Clemons, facendo o parvo e facéndonos rir e gozar, en Sherry Darling.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s