Lume novo de novos e vellos aromas

En especial pra F. e T., en memoria.

Subín a Castroverde á casa amiga. Polo camiño xa ulía a fume. Fumareda de recordos. Lume novo e lume vello. Conforto de calor de moitas castes: das palabras, das miradas, das faíscas e as laparadas.

E seguro que todos lembramos outros lumes novos, onde nós eramos os pequenos ou os rapaces que onte estaban alí. E tamén os lembramos a eles os dous, que foron e non son, e a súa lembranza tamén nos deu calor.

E cando volvín prá casa, fomos tres coa lanterna buscar herbiñas e flores de olor xa molladas pola noite. En auga durmiron e con ela lavamos a cara á mañá, así que os bicos de hoxe son de fiúncho, de herba de nosa señora, de loureiro e tormentelo, de alecrín, de tila e melisa, de sabugueiro, de menta e herba luísa.

3 thoughts on “Lume novo de novos e vellos aromas

  1. Volvo a dicir o mesmo: sempre tes as palabras axeitadas, ata para momentos difíciles de describir. Foi un pracer compartir un pouquiño da noite de San Xoan contigo.
    Bicos!

  2. Este ano todo se me volveu comer sardiñas e beber viño, saltar a cacharela… e esqueceume o ramo!
    [con esa marabillosa auga de san xoan, estarás bellísima este ano -inda máis-]

  3. Logo de tantos días de traballo, veñen uns de descanso, e aproveito pra dárvo-las grazas ás dúas. Que pracer…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s