Poesía de cristal

-Quería dous cristais, de 29,8 x 40,8cm.

-Cristal normal?

-Si, é para uns marcos.

-29,8 x 40,8cm.

O home colle unha lámina máis grande ca el, póusaa na mesa forrada de alcatifa, colle o metro, o rotulador, marca os límites e, seguindo a longa regra, unha delgada ferramenta máxica corta xustamente. Clack. Agora a regra é máis pequena, en danza coa escuadra. Clack. Envolto en papel de estraza queda o meu encargo.

O encargo que lle fixen ó home de palabras xustas e movementos precisos.

Levo trinta anos fascinada ó velo traballar. [E agora que o penso, xa non hai aquel olor antigo á masilla de colocar os cristais].

Desta volta tamén lembrei a Lois, que tamén cortou cristal e palabras*. Poesía de cristal. Poesía da alma. Cristalina. Aparentemente fráxil. Rompible. Porén, indestrutible.

as azas de cristal

as maus eléctricas

 _________________________________

* Lois fica calado mentres seu pai colle a punta de diamante e a move pegada á regra. Un chío xordo inza por todo o taller. Como o do xeo que se creba na primavera coa primeira caloriña. Así o imaxina Marcos Calveiro en Náufrago do paraíso. Biografía e antoloxía, Ed. Xerais, 2011.

** As fotos fíxenas en Londres no 2009, nunha viaxe moi especial, cunha Cicerone de luxo, para as viaxes e para a vida enteira.

2 thoughts on “Poesía de cristal

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s