Encaixes de edra

Encaixes de inercia

O día que o meu sangue teña forza

pra murchar e arrincar a edra do amor

virá con paso firme

a inercia do costume

a tecerme en desastres noutro estilo

con fíos de emoción e agullas torpes

curando a nova insania

co antídoto da lóxica

deixando novas redes no meu sexo

para manter a edra viva

-o seu veleño-

na idea que destrúe

no ennui que crea.

Lois Pereiro

2 thoughts on “Encaixes de edra

  1. Gústame como este poema anticipa ese temor que todos temos -ou tivemos-
    pero, probablemente, enganouse nas súas previsións acerca da inercia do costume no referente a sí mesmo. [i e que a vida propia sempre é unha vida inesperada]

  2. Se cadra, ás veces, a inercia do costume case quere ser un seguro de supervivencia. Agarrarse ó coñecido, ó sabido, por moito que o avance estea, por veces, no inesperado.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s