Sempre me gustaron os coches […]. O vehículo ocúpase do corpo, mentres a mente flota en liberdade.
Cando te crías nun coche é doado converterse en artista porque viamos o mundo encadrado no marco da ventanilla. Esa era a nosa visión do mundo.
Annie Leibovitz
Hoxe preciso de novo estar aquí. Roubarlle un tempo ó tempo que estes días non teño e asomarme de novo a esta ventá. A ventá á que máis me asomo é a do coche, e lembrei unha foto de comezo do outono e unha reflexión que recordo a miúdo cando este meu carro me leva ó traballo. A radio soa as máis das veces, e o corpo guía, pero a mente flota, si, e tece palabras e sentimentos que ás veces asomo aquí.
Hoxe preciso abrir esta ventá e respirar fondo o aire que entra por ela, aire creado por ti, por vos, por min. Alento de palabras. Porque esta ventá non mete frío.
É verdade. A mín tamén me ocurre: Cando viaxo en tren ou en autobús, a sucesión de imaxes en movemento que pasan pola xanela, fánme voar a mente. É por iso que gosto do cine de viaxes, no que hai trens e estradas. Como nos filmes de Alain Tanner, que sempre hai imaxes pasando pola xanela dun tren.
Cando era neno ollaba a rua polo rectángulo da persiana da xanela da casa. Coma escribín aquí http://untalmarra.wordpress.com/escritos/ ,DA LUZ E AS FOTOS, texto que publicou Xermolos no monográfico “Vito López-Felpeto”.
Moito me gustou ler as túas historias de luz… luz, olores e imaxinación, fantástica combinación 😉