Coa ilusión da vida nova

Nesta noite de memoria e conta atrás, penso no que virá no 2012. Centrada no perfil da cariña que hoxe amoso, agora escondido no meu ventre, comezo este ano coa ilusión da vida nova, e a primavera nova, que virá en abril.

Que teñas un moi bo ano 2012, que sexa mellor do que foi o 2011.

E xa sabes, que deas moitos bicos (e que chos dean a ti).

The Temptations, My girl.

22 thoughts on “Coa ilusión da vida nova

  1. Xa se lle ve presumida, que posou moi ben para a foto!! Un bico moi grande, feliz ano e noraboa outra vez máis, é unha pasada…

    • Posou, posou… é un feito grandioso, case inda non o creo. Feliz ano, Lauriña, e noraboa a ti tamén, que tes un neno precioso

  2. Quéroa dende o día que souben dela.

    Xa se lle ve ben xeitosiña, cousa bonita á que lle has dar vida Ghalpon.

    Cando chegue non habemos ter apertas abondas para que saiba da nosa ledicia.

    Emocióname moito esta criatura porque sei que enche fondamente á que vai ser unha das mellores nais que coñezo.

    Feliz e ventureiro 2012.

    • Lorena, de ti veñen sempre palabras demasiado grandes pra min… Agradézochas moito porque sei que levedan coa amizade que temos. Vai ser unha festa grande tela aquí, sen dúbida. Agora tan chea de medos e esperanzas estou… Bicos de bo ano!

  3. E, dende os seus olliños, brilará o sol para tí nos días nubrados.
    Para vós as dúas, sí que será un gran ano!
    Parabéns, linda, transmítoche a miña alegría!

    • Ogallá será un bo ano, si, querida Zeltia. Emocióname pensar nos seus ollos, e nese soliño que levo dentro e me quentará o corazón.
      Moitas grazas e bicos de saúde e alegría pra ti!

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s