Xa hai demasiado tempo que ando dando tumbos coa miña cinefilia. Que se collo películas no videoclube, que se na biblioteca, que se me pasan algunhas ou vexo algunha na tele (se non fose pola 2 ou a sexta3, non sei onde…), o caso é que hai ben tempo que non vexo nada que me encha o corpo, ou que mo encolla, ou que mo remexa e o revolva.
Estareime facendo unha repugnante? unha escollida? ou é que lle perdín a capacidade de meterme na película e deixarme levar por ela?
Onte non. Onte houbo que recuncar, creo que era a cuarta vez que a vía, pero si, GOCEI dunha película de novo. Alvin mestura as paisaxes do millo, da memoria e das estrelas, e encólleme o corazón coas súas palabras e historias (“o peor de ser vello é recordar cando eras novo”…). Que historia a dunha historia verdadeira… O vello sabio, o esquecemento, as prioridades, a vida, o respirar, o mirar, a viaxe paseniña, os pasos paseniños, o amor de irmán (que amor…). E a deliciosa música.
E das paisaxes do millo maduro de Alvin, eu vou ás do millo verde da Mariña luguesa e as Asturias deste verán que xa foi.
fermosa película!
xa dicia eu (ao ver a foto) que iso Galicia non era!
Lembro ver a peli no seu momento. Influenciada por alguén que tiña moita influencia en min. Gustárame moito, pero creo que tería que vela de novo, porque as persoas que están ao noso carón, por quen sentimos algo especial, marcan gustos dunha maneira que non somos conscientes. A min paréceme que todo iso enriquece, nos abre camiños, ventás, pero ás veces, cando recujperamos a cordura, eu polo menos, doume conta de que _”tampouco era para tanto” con esta peli teño esa curiosidade, vela libre de influencias e comprobar que sentirei o mesmo
moitos bicos_!
Pois moi lonxe non queda da Galicia “administrativa”, se non me engaño uns vinte quilómetros como moito da “fronteira” marcada no Eo. Impresionáronme moito eses ceos do Cantábrico, e eses prados ou mares verdes de millo, ó carón mesmo do mar.
Tes razón niso do “mimetismo” dos gustos que favorece o amor… Xa me contarás cando a volvas ver, pero teño a impresión de que vai superar a proba do revisionado (e se cadra dáche ideas pra faceres un dos teus vídeos).
non o diría! esa casa no horizonte do mar de millo…!
sí que quero volver ver a peli, aínda que teño varias que quería ver antes… non sei como fago, que non fago nada e non me chega o tempo!
bicos, e que pase pronto o tempo…! 🙂
As veces as cousas non son o que parecen 😉 Xa recomendarás algunha película, que ultimamente non acerto moito. Bicos, querida Zeltia
eu veño de ver El Guerrero Pacífico, a ver se vos gosta
http://www.megavideo.com/?s=seriesyonkis&v=E0AW65BW
A min tamén me gustou!