Movementos internos

Anda unha bolboreta rebulindo dentro de min, e faime cóxegas que traen promesas de risos de primavera.

Teño un peixe de cores navegando nas miñas augas, e puxa ás veces para traer un caloriño de verán que quenta o corpo.

E xa estou afeita a que ande por aí, e gústalle sobre todo rebrincar cando me deito, no momento en que hai que chamar polos bos soños, así que xa non durmo ben se antes non me remexe un pouco a barriga.

4 thoughts on “Movementos internos

  1. leo cun sorriso (as lembranzas) e penso que xeitosas as flores para ilustrar o que dis… estoupan coa intensidade. E que lindo o mes de abril para chegare.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s