Vaia animalada!

Para Anxos e Martiño, especialmente,

dous dos mellores animaliños cos que teño a sorte de convivir.

Os paxaros cantáronlle ó sol con forza, con forza de gratitude, con gañas de apartar o frío das plumas. Xa de mañanciña cantaron, e aló polo mediodía saquei a barriga ó sol. Escoita, iso que soa son os paxariños, hanche gustar cando esteas aquí fóra.

Á tarde subín a Castroverde. En San Paio quedaban as cigoñas no seu niño, arrimadas unha á outra no luscofusco, no alto, metidiñas no seu loft con vistas ós soutos e ás carballeiras.

Saíu o raposo do seu tobo, ha de andar ás galiñas, o rabo gordo foxe das luces da estrada carreiro arriba.

E xa no pico das curvas de San Miguel, con máis présa ca min, o esquío agavea polo piñeiro.

Vaia animalada atopo hoxe no meu camiño, casualidade? o espertar desta primavera a destempo? ou é que se me presentaron os personaxes dun conto diante dos meus fuciños e eu non sei cal é a súa historia? terei que inventala…

P.D. As cigoñas da imaxe non son as de San Paio, era case noite e creo que nin levaba a cámara. Estas aniñan no Barco de Valdeorras, preto da adega amiga.

4 thoughts on “Vaia animalada!

  1. Ghalpon, e logo non te decataches de que esa meniña rebuldeira che anda pedindo a berros que lle contes un conto?

    Faino por ela e por esta que che quere ben.

    Era unha vez…

  2. pois vaia agasallos che preparou o día, hai algo de asombro sempre que vemos animais esquivos, e detrás do rabo do raposo, detrás da estela do esquío e dentro do niño das cigoñas queda unha historia que contar… mira que se che nace a vocación de contacontos…

  3. Ándolle dando voltas ó conto pero non dá saído. A ver, a ver, se xunto as palabriñas máxicas… Bicos

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s