Haberá que andar espidas para ser máis visibles?

Teñen que espirse as mulleres para entrar no Museo Metropolitano? Menos do 5% dos artistas nas seccións de Arte Moderna son mulleres, pero o 85% dos espidos son femininos.

Esta obra-denuncia é do grupo de artistas feministas Guerrilla Girls, eu tireille a foto no Museo Serralves, en Porto, hai agora un ano. Hoxe ocorréuseme publicala, xa sabedes o porqué da data. Inda onte volvín ver un dos anuncios máis vergoñentos que agora se emiten na TV: o do coche Giulietta, da Alfa Romeo, que volve “xogar” coa metáfora do dominio dunha muller e dun automóbil. E parece que ninguén se escandaliza… Moito camiño queda por andar.

2 thoughts on “Haberá que andar espidas para ser máis visibles?

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s