Levo uns meses preparando o niño. E saíron palabras que había tempo que non usaba, ou que non usaba tanto. Agulla, fío, tea, entretea, bolboreta, pespunte, remate, puntilla, minguar, estampado, la, aumentar, montar, pintura, marco, serón, lenzo, tesoira, cuco, barrelo, cinta, libeliña, manta. Palabras coas que fun aniñando.
E agora, neste día de aniversarios, déixome levar polo son da gozosa chuvia nos cristais, agardando que chegues ti para encher o teu niño.
P.D. E que viva a República! Das persoas e dos elefantes 😉
Os últimos días fanse longos de máis.
Únome a ti para pedir unha república de persoas e de elefantes.
Longos e intensos. E longa e intensa tamén tiña que ser a República.
🙂
hai moito que non vexo unhas roupiñas desas feitas coma para bonequiñas…
Heichas ensinar eu, Zeltia, 😉