No campo dos desexos

No campo dos desexos hai que soprar. Soprar co intensidade, e con varios sentidos.

Soprar.- 1. Facer saír aire a presión pola boca tendo os labios apertados, e dirixilo cara a unha cousa. 5. Dicir a alguén en voz baixa [algo que descoñece ou esqueceu].

P.D. A idea, as palabras, levaban comigo moito tempo, de novo xurdiron no coche, nunha mañá de campos de soles inda pechados e de branquiños desexos xa preparados. A foto non a tiña, e tróuxoma Millaira nesta primavera de abril.

7 thoughts on “No campo dos desexos

  1. Que fermoso encabezamento: “No campo dos desexos”……mais eu me pregunto: a donde irán os desexos que non se cumplen? Seria bonito que se agochasen nese campo, á espera do momento preciso pra se cumpliren, e que unha delicada bretema os gardase de miradas curiosas ate ese preciso instante, pra que non se perdan e se manteñan e conserven intactos dedica enton…..

    • pois a foto xa fai xurdir o desexo de estar alí… e despois tantos desexos por soprar… a min tamén me gustaría que me soprasen cousas que esquecín

  2. Gústame moito iso de que arraiguen os desexos. Imaxinade un campo-paraíso onde florezan todos… Cando eu pensaba en soprar os desexos, pensaba en cantos desexos tan desexados non se cumpren porque non os sopramos, non lle sopramos a quen nolos pode conceder que queremos, que temos ese desexo e, no silencio, o desexo vaise desfacendo…
    Sopremos tod@s, desexos e mexacáns… E que nos fagan cóxegas no nariz!
    Bicos de conta atrás

    • cos anos voume volvendo cara o lado máxico das cousas… así que sopro… voan as esporas cara ese lugar que aínda non situei no mapa, que imaxino pequeno e dondo coma o país dos soños. E o meu desexo é un arcoiris de ledicias para tí e moita forza.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s