E pasaron máis de corenta días…

[A miña pel cedeu para acubillala a ela, para acollela en min e darlle calor. Agora a miña pel encolle e a dela estira, medra, doce, quentiña, nova, para recibir o sol e a lúa, sensibilidade plena (como a túa).]*

E aló foi a corentena, a corentena coa que comezou a vida nova. 40 días pra afacerse, pra recuperar o corpo, pra decatarse de tantas cousas… A filla convértese en nai e a nai en avoa, e seguen a ser filla e nai mais cunha comuñón especial, de quen partilla cousas que estaban latentes e agora agroman. Conversas, saberes ocultos, instintos, temores. Corenta días foron suficientes pra algunhas cousas, pra outras fixeron boa falla (precisaranse máis…), pra outras sobrou tempo… pra querela chegou un instante.

___________

*Este texto escribino nun comentario a un post de Zeltia, as súas palabras sempre me acompañan…

6 thoughts on “E pasaron máis de corenta días…

  1. Un instante para percibir o tacto da manciña agarrándose ao dedo [o dedo de quen alimenta, protexe, ama] fíxome lembrar esa emoción única. As uñiñas, os dedos tan feitucos… emocioneime mirando a foto, un bo anaco.

    E o idioma novo que se aprende, o que só falamos as mulleres, esa comuñón especial que se ten coa nai despois de selo unha mesma. Cantas cousas dis en tan pouquiñas palabras.

    É un gusto que pasar… e atoparme 🙂

  2. Emocioneime eu tamén ó facer a foto (éme difícil facer agora fotos, sempre termando dela, tan pequeniña inda) e tamén ó escribir de novo aquí. Cantas cousas imos aprendendo, e cantas cousas que parecen aprendidas de sempre, que saen soas, non sei ben o como nin o porqué. A sombra de miña nai, de tódalas nais, terma de min, clara, acompaña, refórzame, non me tapa nin me quita luz… está a ser unha descuberta tamén.

    É un gusto atoparme, e atoparte.

  3. 40 días son moitos para quen vos quere e aínda non puido ir vervos nin sentirvos preto.
    …pero xa case estou aí, para as dúas.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s