Nunca toquei a pel do elefante, nunca sentín o seu áspero coiro baixo a miña pel, o latexo que alenta a memoria do grande mamífero. A pedra non é elefante. Recolle calor pero non latexa. Por moito que o pareza.
Nunca vivín nunha democracia. Non é ouro todo o que reloce. Ás veces é só un espellismo aquelo que brilla no horizonte. Hai un rei e non hai escolla. A monarquía non é democracia. Son súbdita, por imperativo legal, dunha non democracia e no meu horizonte reloce unha República (Galega).
Música para un fermoso horizonte: Claudia’s theme, da película Sen Perdón.
_________
A foto foi fíxena na praia do silencio, en Asturias.