Obediencia laboral

Foi un tempo de Obediencia e laboral. De obediencia porque o magnífico libro de Antón Lopo encheu moitas das horas do verán pasado, laboral porque tiven que traballar máis que noutros veráns e porque nunha das escapadas coñecín o LABoral Centro de Arte e Creación Industrial de Xixón. Recomendacións que me veñen á mente un ano despois cando me dá por viaxar polos recordos. Memoria e recordos son tema recurrente en Obediencia e en Ghalpon…

[…] A amnesia é unha superficie lisa, suave, inofensiva. […]

“Doeríache ao primeiro, como o instante no que te separas da placenta. Logo viría o sosego da verdade. A verdade nunca manca, por moito que oíses dicir da verdade e as súas consecuencias perversas”.

a

[…] ensináralle que o amor ten múltiples moldes e ningún é o seu molde exacto.

a

“Unha verdade non trunfa porque convenzas os teus adversarios e lles fagas ver a luz, senón porque os adversarios morren e medra unha xeración familiarizada coa túa verdade”.

a

2 thoughts on “Obediencia laboral

  1. interesante algunha das citas.
    (e non sabía que che gustaba a ciencia ficción, -ou algo así, polo que me dixo google de obediencia-)

    Tamén a memoria e os recordos son tema recurrente en min (cousas en común)

  2. A ciencia ficción gústame moito, si, herdei o gusto por ese “xénero” (como polas pelis de vaqueiros, as rancheiras, as anchoas ;-))

    Ás veces os recordos abafan, e outras son almofadas onde descansar mellor.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s