E van vinte anos

desde que comecei a andar contigo. E os nosos pés camiñaron tempos e espazos xuntos, e desde que os teus pararon no soño eterno, os meus seguiron camiñando, por veces sós, por veces con outros, agora sempre ó paso daqueles pequeniños que inda non  saben camiñar.

Había un escuro no ventre ese domingo, e non fun quen de ver a razón ata cerca do mediodía. Subindo os montes cunha banda sonora tamén soñada, o vento quente, mollado de outono, empurraba, e ela durmindo dábame folgos pra afrontar máis un solpor, máis un amencer, máis un 23 de setembro.

2 thoughts on “E van vinte anos

  1. Hai unha memoria que vai pola súa conta, e está atenta para lembrarnos ese “tal día coma hoxe”. Días que teceron a nosa vida, que quedaron na nosa historia…
    O dia 23 foi o día que apareceu o vento de outono abaneando as figueiras, un vento tolo fechando a estación do sol e da luz e da expansión. Nese finde pasei eu pola nostalxia, hai moitas q sen rachar a folla do calendario son tamén, definitivas.
    Aperta grande, Ghalpon, aqui pendente deses novos peíños desa foto preciosa. E prontiño daràn a volta as estacións e eses pés andaràn a carón dos teus…

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s