Non me dá a gana de pensar que nada é para sempre… Sen as palabras dime que nos queda…
Cando os días amencen raros, cando as bágoas agurgullan sen saber ben o porqué… Non hai mellor cousa que alguén que te atenda, que che adique uns minutos, que che envíe unha canción.
A canción, Terra de Xoel López, levoume a escribir este post. Mentras a escoitabamos, ela ría e os seus ollos, faros de luz, despexaban o camiño.
Vaia achega musical me desvelaches hoxe!!! Grazas
A min desveláronma onte, e gustoume tanto que fun mercar o disco! Xa ves, fixen unha cousa moi pouco “moderna” 😉 Grazas a ti por andar por aquí
“Un deseo aquí
Una memoria de allá”
Pizarnik
E que lindo que alguén estea aí para nós. [E por que será que non nos vale un calquera alguén.] E a canción tamén é linda, A letra, con moita miga. é fácil atopar significados que nos sirven, a ti, a min. A Outros e a outras. A vida sempre nos ten algo preparado.
E o agallá o que nos ten preparado sexa bo 🙂 Moitos bicos de bo ano, querida Zeltia
Desexando ver a luz deses ollos e o sorriso conxunto da nai e mais da filla.
Se te ven a ti, os ollos da nai e da filla han sorrir, seguro 😉