Día de reis

Especially for Louis Cyphre 

Parece que os reis pasaron de largo por esta casa republicana, ou se cadra non… porque hoxe, baixo o sol, estaban:

A árbore que non quixo que rematase o outono.

O liquidámbar insubmiso

A belorita que se adianta á primavera.

A belorita adiantada

A folla que garda a calor do verán.

Regos de luz

Tres insubmisas do inverno, tres agasallos de reis.

7 thoughts on “Día de reis

  1. Obrigado pola dedicatoria!!!
    Direiche que non me parecen miúdos os agasallos que deixaron os reis nesa túa casa tan republicana, o que interpreto como un exemplo máis de que o carácter dos monarcas vén derivando dun tempo a esta parte desde a adustez clásica á campechanía tardo-borbónica (Eu preferíaos máis ásperos e rigorosos, debo confesar…).
    Espero que estes primeiros agasallos sexan o inicio dun ano colmado de moitas alegrías e de non menos aprendizaxes.

    • Direiche, L.C., que a min os reis campechanos onde me gustan é nas tabernas e non nos tronos… así sonme máis simpáticos. Tanta bonhomía dos monarcas viráchelles do medo a perder a silla, non? Seguirei informando das aprendizaxes e das desexadas alegrías. Bicos (republicanos)

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s