A miña terra… seica é verde. Mais tamén é do marelo das xestas, o toxo, as acacias forasteiras… e os cimos, grelos, nabos… do amarelo espléndido do que xa teño falado outrora. E anque me acompaña sobre todo no camiño á capital da chaira, a cidade amurallada tamén ten amarelo grelado que ás veces, caladiño, coma quen se sitúa no lugar que non lle corresponde, aparece onde non contas con el.
[…]
A miña terra é aquel pobre demo,
a miña terra non sabe soñar,
a miña terra é o soño que temo,
a miña terra é unha illa sen mar.
[…]
Lois Pérez, do seu libro LP.
Ata agora, pra min LP era Lois Pereiro… agora tamén é Lois Pérez. Nesta primavera, as palabras que me levan a volver ser Ghalpon son del.